Friday 19 de April de 2024

II Congreso Escolar pola Igualdade Maruxa Mallo


 

Terá lugar enres na casa da Cultura ao longo de toda a mañá. O programa inclúe relatorios a cargo do alumnado, performances, concertos de música, ademais da entrega dos premios que concede o centro

Dende o Concello de Ordes infórmase da celebración do II Congreso Escolar pola Igualdade organizado polo IES Maruxa Mallo. Terá lugar ao longo da mañá deste venres, 12 de abril, na Casa da Cultura de Ordes.

A xornada arrancará con teatro. Varios alumnos e alumnas de segundo curso representarán unha obra cuxo tema central son os micromachismos. De seguido darán comezo os relatorios, que este ano abordarán as figuras de Maruxa Mallo como artista universal, Sara Baartman ou Isabel Zendal entre outras. Entre os demais temas que se abordarán, sempre en boca do propio alumnado, serán a detección do maltrato, as novas masculinidades, as letras machistas nas cancións, a violencia de xénero en adolescentes, a xestión dos celos, o feminismo como camiño para alcanzar a igualdade etc.

O programa tamén inclúe performances sobre o feminicidio, actuacións musicais (La Puerta Violeta, Pan e Rosas), intervencións artísticas de prosa lírica (Quero ser libre). Durante o congreso tamén se entregarán os premios Maruxa Mallo que cada ano concede o centro.